Oito Prazas na Brigada de prevención de incendios no Concello de Carballo
As presentes bases teñen por obxecto a contratación, como persoal funcionario interino, de 8 postos de traballadores/as cualificados/as en actividades forestais e do medio rural.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.
O prazo de presentación de solicitudes será de oito (8) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOP.
A convocatoria e as bases publicaranse integramente no Taboleiro de Anuncios da sede electrónica do Concello (www.sede.carballo.gal) e de forma complementaria na web municipal (www.carballo.gal).
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/10/2026_0000003774.html




Comments