Skip to main content
aventeira

Director/a de Actividades de Tempo Libre na Coruña

A ETL Aventeira Escola convoca un curso de Director/a de Actividades de Tempo Libre, que inclúe contido especializado en xénero e igualdade, educación emocional, facilitación, participación e prevención de riscos laborais.

Datas
Parte presencial: 100 horas repartidas en 5 fins de semana:
Outubro: 17-18, 31
Novembro: 1, 14-15, 28-29
Decembro: 12-13

Parte online: do 21 de outubro ao  25 de novembro. 50 horas
 
Horario
Parte presencial: de 9:00-14:00 e de 15:30-20:30.
Parte online: horario flexible, auto-organización por parte do alumno ou alumna.
 
Lugar
Cidade da Coruña, Aventeira Local, O Ventorrillo
 
Duración
150 horas da fase teórico-práctica (100 horas presenciais e 50 online) e 150 horas da fase de prácticas. Precísase unha asistencia ao 80% do total das horas teórico-prácticas para superar o curso, así como superar a parte práctica.

Teléfono: 722 349 497

Correo electrónico: escola@aventeira.com

Prezo e prazo de inscrición: 
 
Pago único: 285€ no momento da reserva.
Pago fraccionado: 100€ na reserva e 185€ na confimarción do curso antes do 9 de outubro.
 
O prazo de inscrición remata o 1 de outubro.

Formulario de inscrición e máis información: https://aventeira.com/escola-de-tempo-libre/datl/

Comments