Skip to main content

Forcarei convoca prazas temporais para brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais e condutores de motobomba

O Concello de Forcarei abriu o proceso de selección de persoal laboral temporal para reforzar os servizos de prevención e defensa contra incendios forestais durante a campaña de 2026.

As convocatorias foron aprobadas mediante as Resolucións 246-2026, do 4 de xuño, e 254-2026, do 8 de xuño de 2026, e contemplan a contratación dos seguintes postos:

  • 1 xefe/a de brigada.
  • 4 peóns de brigada.
  • 2 condutores/as de motobomba.

O prazo de presentación de solicitudes será de sete días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

As persoas interesadas poden consultar as bases específicas, a documentación requirida e toda a información relativa ao proceso selectivo nas oficinas municipais e no Taboleiro de Anuncios da sede electrónica do Concello de Forcarei.

Os sucesivos anuncios relacionados con estas convocatorias publicaranse exclusivamente na sede electrónica e no Taboleiro de Anuncios municipal.

Comments