O Concello das Neves convoca catro prazas para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais 2026
Organismo: Concello das Neves
Provincia: Pontevedra
Sistema de selección: Oposición
Prazo de solicitude: 4 días naturais desde o día seguinte á publicación no BOP de Pontevedra.
O Concello das Neves aprobou, mediante resolución da Alcaldía do 11 de xuño de 2026, as bases e a convocatoria do procedemento selectivo para a contratación do persoal da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais correspondente á campaña de 2026.
Prazas convocadas
- 1 praza de xefe/a de brigada.
- 3 prazas de peón/peoa forestal.
Consulta das bases
As bases reguladoras do proceso selectivo están dispoñibles:
- No Taboleiro de Anuncios do Concello.
- Na sede electrónica municipal.
Prazo de presentación de solicitudes
As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes nun prazo de catro días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).




Comments