Emprego en Sober: aberta a convocatoria para un posto de monitor/a multidisciplinar de deportes
O Concello de Sober convoca un proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/unha profesional do ámbito deportivo a través do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2026.
-
Posto: Monitor/a multidisciplinar de deportes.
-
Prazas: 1 vacante (persoa en situación de desemprego).
-
Duración: 6 meses a media xornada (50 % de xornada).
-
Titulación requirida: Técnico/a Superior en Actividades Físicas e Deportivas ou equivalente.
-
Prazo de inscrición: 5 días hábiles, a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Lugo.
ℹ️ Máis información e bases: Podes consultar as bases íntegras no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Sober e na súa sede electrónica: concellodesober.sedelectronica.gal.




Comments