O Concello de Castro Caldelas convoca unha praza temporal de condutor/a de tractor-desbrozadora
O Concello de Castro Caldelas convoca un proceso selectivo para a contratación laboral temporal dunha persoa para desempeñar o posto de condutor/a de tractor-desbrozadora e outra maquinaria similar.
Características da convocatoria:
- Posto ofertado: 1 praza de condutor/a de tractor-desbrozadora.
- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por circunstancias da produción.
- Xornada: completa.
- Duración do contrato: 6 meses.
- Sistema de selección: concurso de méritos.
Presentación de solicitudes:
As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes no prazo de tres días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Ourense.
Máis información:
O texto completo das bases publicarase no taboleiro electrónico de anuncios do Concello de Castro Caldelas: http://castrocaldelas.sedelectronica.gal.




Comments