Skip to main content

O Concello da Merca convoca unha praza de peón/a forestal ao abeiro do programa Galicia Suma Talento: Rural Activo 2026

O Concello da Merca aprobou as bases para a contratación laboral temporal dunha persoa desempregada para cubrir unha praza de peón/a forestal, financiada pola Xunta de Galicia a través do programa Galicia Suma Talento: Rural Activo 2026.

Características da convocatoria:

  • Posto ofertado: 1 peón/a forestal.
  • Persoas destinatarias: persoas desempregadas.
  • Financiamento: Xunta de Galicia, mediante o programa Galicia Suma Talento: Rural Activo 2026.
  • Modalidade de contratación: laboral temporal.

Proceso de selección:
Unha vez transcorridos tres días hábiles desde a publicación deste anuncio, o Concello presentará unha oferta de emprego na oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) para a selección das persoas candidatas.

Máis información:
As bases da convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello e na páxina web municipal.

Os sucesivos anuncios relacionados co proceso selectivo publicaranse igualmente na sede electrónica e na web municipal.

BOP OURENSE

Comments