Cervantes convoca unha praza de auxiliar de información turística no marco do programa Reforzo do Emprego 2025
O Concello de Cervantes abriu o proceso selectivo para a contratación temporal dunha persoa como auxiliar de información turística, no marco do programa Reforzo do Emprego 2025. A convocatoria foi publicada no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP), número 136, do 16 de xuño de 2026 (R. 1579).
A selección realizarase mediante o sistema de oposición, segundo as bases reguladoras dispoñibles no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal.
As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Cervantes ou a través de calquera dos medios previstos na normativa administrativa. O prazo de presentación é de cinco días hábiles contados desde o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP.
No caso de presentar a solicitude por un rexistro distinto ao municipal, será necesario remitila previamente por correo electrónico ao Concello antes de que remate o prazo establecido.
Esta contratación busca reforzar os servizos de atención e información turística do municipio, especialmente durante períodos de maior afluencia de visitantes.




Comments