Oia selecciona tres condutores/as de camión motobomba
O Concello de Oia publicou as bases para a contratación temporal de tres condutores/as para o camión motobomba municipal.
-
Posto: Condutor/a de camión motobomba.
-
Prazas dispoñibles: 3 postos.
-
Tipo de contrato: Persoal laboral temporal, a tempo completo.
-
Duración do servizo: 3 meses.
-
Xornada laboral: Traballo a quendas con plena dispoñibilidade (inclúe domingos, festivos, festas locais e quendas de noite segundo as necesidades do servizo).
Como inscribirse?
-
Prazo de solicitude: 8 días naturais, a contar desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
-
Consulta de bases: Toda a información detallada e os requisitos están dispoñibles na sede electrónica do Concello de Oia: oia.sedelectronica.es (sección do taboleiro de anuncios e portal de transparencia).




Comments