Skip to main content
cxa

Programación de verán no Centro Xove da Almáciga

☀️ ESTE VERÁN, O CX SEGUE VIVO ☀️

No Centro Xove entendemos o verán como un tempo para crear, descubrir cousas novas, compartir momentos e facer comunidade.

Por iso, presentamos unha programación especial pensada coa mocidade e para a mocidade, onde teñen cabida diferentes ritmos, intereses e formas de participar.

🍳 Cociña e alimentación consciente
🌱 Horta comunitaria
🧵 Clube de costura
🎨 Debuxo dixital e Verán Creativo
🌿 Sendeirismo ao solpor
✨ Introdución ao Voguing e á Cultura Ballroom
🧘 A Hora Calma e Conciencia Corporal
🎬 Cine de verán
🚀 Impulsa o teu proxecto
🎸 Pon a punto a túa guitarra
🎧 Iniciación á produción musical
🎚 Laboratorio de maquetación musical
🔊 Fuchicando no CX
🏕 ... e algunha sorpresa máis!

Queremos que o Centro Xove siga sendo ese lugar onde atopar persoas coas que compartir intereses, descubrir novas paixóns e sentir que formas parte de algo.

Porque participar tamén é crear comunidade. Porque descansar tamén é importante. Porque o verán pode ser un espazo para aprender, experimentar e simplemente estar.

📩 As inscricións estarán abertas dende hoxe ata o 30 de xuño.

ℹ️ Podes consultar toda a programación, datas, horarios e información detallada sobre cada actividade na nosa web.

📍 Centro Xove de Creación Cultural

Este verán... que che apetece vivir?💙

Comments