Skip to main content

Cinco prazas Brigada de prevención de incendios no Concello de Mugardos

O obxecto desta convocatoria é a selección de persoal para a provisión con carácter temporal durante o ano 2026 das seguintes prazas no marco do Convenio entre a Consellería do Medio Rural e a entidade local, Concello de Mugardos, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027.

As bases polas que se rexerá o proceso selectivo poden ser concultadas no taboleiro de anuncios da sede electrónica: https://mugardos.sedelectronica.gal/

O prazo para a presentación de solicitudes será de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/17/2026_0000004014.html

Comments