Skip to main content
feira emprego

Feira Experiencial: Talentos Xuvenís 2026

Talentos Xuvenís é unha feira experiencial de empregabilidade xuvenil que se celebrará o próximo 2 de xullo, de 10:00 a 15:00 h, no Salón de Convencións da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

A Feira está dirixida a mozos/as que queiran descubrir novas oportunidades profesionais, mellorar competencias, participar en actividades prácticas e conectar con recursos de emprego, formación, orientación e emprendemento.

Trátase dunha feira diferente, pensada para saír do de sempre e poñer ás persoas mozas no centro. Un espazo dinámico, participativo e divertido onde se dará visibilidade ao talento xuvenil e a todo o que pode achegar ao mercado laboral galego.

Esta iniciativa forma parte do programa Desafíos Jovens, vinculado a Interreg e á Xunta de Galicia, e nace para conectar a mocidade con novas oportunidades de emprego, formación e desenvolvemento profesional.


Inscrición gratuíta na seguinte ligazón: https://tinyurl.com/talentosxuvenis

Máis información no teléfono +34 623 546 992

 

Comments