Skip to main content

Bolsa de traballo de servizo de axuda no fogar no Concello de Cariño

As presentes bases teñen por obxecto a formación dunha bolsa de traballo que servirá de base para a contratación laboral temporal ou nomeamentos interinos de persoal para o servizo de axuda no fogar no concello de Cariño, para os casos de substitucións do persoal que está a prestar o servizo por vacacións, permisos, ILT, baixa por maternidade, circunstancias da produción ou vacantes en devandito servizo.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

A presentación de solicitudes poderá facerse no Rexistro Xeral do Concello de Cariño, na sede electrónica da entidade local ou na forma determinada polo artigo 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común.

O prazo para a presentación de solicitudes será de cinco (5) días naturais, contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/19/2026_0000004117.html

Comments