Skip to main content

O Concello do Bolo convoca cinco prazas para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais

O Concello do Bolo abre o proceso selectivo para a contratación temporal de persoal destinado á brigada de prevención e defensa contra incendios forestais correspondente ao ano 2026.

Postos convocados

  • 1 xefe/a de brigada.
  • 1 peón/á condutor/a.
  • 3 peóns/ás forestais.

Sistema de selección

  • Concurso-oposición.

Prazo de solicitude

  • Cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP).

Presentación de solicitudes

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude:

  • No Rexistro Xeral do Concello do Bolo.
  • Na sede electrónica municipal.
  • Por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Máis información

As bases reguladoras e a convocatoria completa están dispoñibles na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do Concello do Bolo, sen prexuízo da súa publicación no BOP de Ourense para os efectos de publicidade e coñecemento xeral.

A convocatoria enmárcase no convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello do Bolo para o desenvolvemento das actuacións de prevención e defensa contra incendios forestais durante o ano 2026.

Comments