Skip to main content
CRD

Prazas nos Centros Residencias Docentes_curso 2026/2027

A Consellería de Educación  publica a convocatoria para adxudicar, de forma gratuíta ou bonificada, as prazas de residencia 
existentes nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo, para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2026/27 (código de procedemento ED306A).

Persoas beneficiarias

O alumnado que no curso académico 2026/27 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo e reúna os requisitos académicos, persoais, de lugar de residencia e económicos establecidos na orde de convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes

1. Prazo de presentación de solicitudes en período ordinario:

a) Para o alumnado matriculado en bacharelato, do 20 de xuño ao 17 de xullo de 2026 (este incluído).

b) Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, do 20 de xuño ao 5 de agosto de 2026 (este incluído).

2. Prazo de presentación de solicitudes en período extraordinario: entre o 31 de agosto e o 4 de setembro de 2026, ambos incluídos.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED306A)

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro residencial docente e en calquera dos lugares e rexistros establecidos na norma reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.

2. O formulario normalizado de solicitude (anexo I) e o de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar (anexo II), ademais estarán dispoñibles:

a) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal

b) Nas dependencias dos centros residenciais docentes.

3. A solicitude deberá estar asinada pola persoa solicitante ou polo seu representante legal, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, que cumpre os requisitos exixidos nela e que todos os datos contidos na solicitude e na documentación achegada son certos; así mesmo, que reúne os requisitos necesarios para obter o título académico que indica.

Máis información: DOG DE 19/06/2026
 

Comments