Skip to main content
magariños

Correspondentes Xuvenís IES Xulián Magariños

A semana pasada fixemos entrega dos diplomas que certifican a participación no Programa.

Agradecer ao alumnado, equipo directivo e á profe Valentina Formoso pola súa implicación, colaboración infinita, enerxía sen fin e o seu apoio constante.

O PROXECTO ACADIX (actividade, convivencia, aprendizaxe, diversidade, igualdade e xénero) segue sendo unha realidade no 2026 e que nos permite convivir participando nun proxecto común, onde fomentamos, potenciamos e promovemos as habilidades sociais, o benestar emocional e a convivencia.

O EQUIPAZO "XuMa" do IES Xulián Magariños - Negreira deséxavos unhas marabillosas vacacións de verán a todas e todos.

Comments