Salceda de Caselas convoca unha praza de técnico/a medio de educación social e crea unha bolsa de traballo
O Concello de Salceda de Caselas aprobou as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura, como persoal funcionario interino, dunha praza de técnico/a medio de educación social, grupo/subgrupo A2.
A contratación realizarase mediante o sistema de concurso-oposición e estará vinculada á execución do programa temporal “Programa municipal de complemento ao apoio familia”, cunha vixencia prevista ata o 30 de abril de 2027.
Ademais da cobertura da praza, o proceso permitirá a creación dunha bolsa de traballo para futuras necesidades de contratación.
As persoas interesadas poden consultar o texto íntegro das bases no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal.
O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. As instancias deberán dirixirse á Alcaldía e poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios establecidos na normativa vixente.




Comments