Praza de Policía Local no Concello de Arteixo
É obxecto da presente convocatoria e bases, a regulación do proceso selectivo para cobertura en propiedade de dúas prazas de Oficial de Policía Local polo sistema de concurso oposición en quenda restrinxida de promoción interna (correspondentes á OEP 2026) e outra praza de Oficial de Policía Local polo sistema de concurso de méritos en quenda de mobilidade (correspondente á OEP 2027/2028) conforme á disposición adicional décimo oitava da Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia. Esta última praza descontarase das ofertas de emprego público de 2027 e 2028, agás que o órgano competente da Administración do Estado autorice expresamente un incremento de dotación orzamentaria para a oferta de emprego público da que dependa a citada convocatoria.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior
O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE, toda vez se teñan publicadas as presentes bases reguladoras no BOP da Coruña e remitido anuncio de convocatoria ao DOG.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/23/2026_0000004154.html




Comments