Skip to main content

Praza no Conservatorio da especialidade de percusión no Concello de Arzúa

O obxecto da presente convocatoria é a selección para a cobertura en propiedade dunha praza de persoal laboral fixo discontínuo (1 de setembro a 30 de xuño) a tempo parcial (18 horas/semana) do Grupo I coa denominación de PROFESOR DE CONSERVATORIO NA MODALIDADE/ESPECIALIDADE DE PERCUSIÓN.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

As solicitudes dirixiranse o Sr. Alcalde-Presidente da Corporación Municipal, e presentaranse na forma que se indicará posteriormente, no prazo de VINTE (20) días naturais, contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no BOE.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/23/2026_0000004167.html

Comments