As Nogais: Brigada de prevención de incendios 2026
Mediante resolución de Alcaldía nº 2026-0188, do 18 de xuño de 2026, aprobáronse as bases específicas para a selección e posterior contratación para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios ao abeiro do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de As Nogais para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de medios de prevención e defensa, para os seguintes postos:
1 xefe de brigada
1 peón-conductor
3 peóns de brigada
Duración do Contrato: tres meses.
Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio de convocatoria no BOP, no Rexistro Xeral do Concello en horario de 8.30 a 14.30 horas, de luns a venres e tamén se poderán remitir na forma determinada no artigo 16.4 da Lei 39/2015 segundo o establecido nas bases.
Máis información nas bases específicas da convocatoria que poderán ser consultadas na sede electrónica do Concello (https://concelloasnogais.sedelectronica.gal) e no taboleiro de edictos do Concello de As Nogais. Este proceso selectivo está exento de taxas.




Comments