Skip to main content

O Concello de Baltar convoca dez prazas temporais para a brigada forestal

O Concello de Baltar abriu o proceso selectivo para a contratación laboral temporal de persoal destinado á brigada forestal.

  • Prazas convocadas: 10.
    • 2 xefes/as de brigada.
    • 2 peóns/as-condutores/as.
    • 6 peóns/as forestais.
  • Modalidade de contratación: contrato laboral temporal.
  • Sistema de selección: concurso-oposición.
  • Presentación de solicitudes: no Rexistro do Concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
  • Prazo de solicitude: cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
  • Bases da convocatoria: dispoñibles no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica: https://baltar.sedelectronica.gal.

Comments