Skip to main content

O Concello de Rairiz de Veiga convoca dúas prazas temporais de peón/peoa forestal

O Concello de Rairiz de Veiga abriu o proceso selectivo para a contratación laboral temporal de dúas persoas para ocupar prazas de peón/peoa forestal, destinadas ao reforzo dos servizos municipais vinculados á organización da Romaría da Saínza 2026.

  • Prazas convocadas: 2 peóns/as forestais.
  • Modalidade de contratación: contrato laboral temporal.
  • Xornada: completa.
  • Duración do contrato: 3 meses, do 15 de xullo ao 14 de outubro de 2026.
  • Sistema de selección: concurso-oposición.
  • Presentación de solicitudes: no Rexistro Xeral do Concello de Rairiz de Veiga ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
  • Prazo de solicitude: cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Taboleiro de Anuncios e na sede electrónica municipal.
  • Bases da convocatoria: dispoñibles no Taboleiro de Anuncios e na sede electrónica do Concello. BOPLUGO

Comments