Skip to main content

O Concello de Sarreaus convoca unha brigada temporal para a prevención e defensa contra os incendios forestais

O Concello de Sarreaus abriu o proceso selectivo para a contratación laboral temporal dunha brigada destinada á prevención e defensa contra os incendios forestais.

  • Prazas convocadas: 5.
    • 1 xefe/a de brigada.
    • 1 condutor/a.
    • 3 peóns/as.
  • Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a xornada completa.
  • Duración do contrato: 3 meses.
  • Sistema de selección: concurso-oposición.
  • Presentación de solicitudes: no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas.
  • Prazo de solicitude: cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
  • Bases da convocatoria: dispoñibles no Concello de Sarreaus e na sede electrónica: http://concellosarreaus.sedelectronica.gal/.

Comments