Nauta Sanxenxo convoca o proceso selectivo para cubrir o posto de xerente
Nauta Sanxenxo, S.L., sociedade pública municipal do Concello de Sanxenxo, abriu o proceso selectivo para a cobertura do posto de xerente.
- Posto convocado: 1 xerente.
- Modalidade de contratación: contrato laboral especial de alta dirección.
- Sistema de selección: concurso de méritos e defensa dun proxecto de xerencia.
- Retribución bruta anual: 79.870 euros.
- Requisito de titulación: grao ou licenciatura en Ciencias Económicas ou Empresariais, Administración e Dirección de Empresas, Dereito, Enxeñaría, Arquitectura ou titulación equivalente.
- Presentación de solicitudes: preferentemente a través da sede electrónica ou no Rexistro do Concello de Sanxenxo, así como por calquera dos medios previstos na normativa vixente.
- Prazo de solicitude: dez días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
- Documentación requirida: solicitude, currículo, titulación, acreditación de méritos e experiencia profesional, informe de vida laboral e un proxecto de xerencia para Nauta Sanxenxo.
- Bases da convocatoria: dispoñibles na páxina web de Nauta Sanxenxo e no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.




Comments