Skip to main content

Oferta de Empego público no Concello de Frades

Aprobase a Oferta ordinaria de Emprego Público deste Concello de Frades para o ano 2026.

Publicar a Oferta de Emprego Público do Concello de Frades no taboleiro de anuncios da Corporación, así como na sede electrónica deste Concello https://frades.gal e no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial da Comunidade Autónoma correspondente, en cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro. Remitir una copia do acordo a Administración Xeral do Estado aos efectos do establecido no artigo 56.1 de la LBRL.

O prazo e as condicións para inscribirse publicaranse en próximas convocatorias.

O que se fai público para xeral coñecemento, coa advertencia de que, de conformidade co disposto nos artigos 112 e 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, contra esta resolución poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, que caberá fundar en calquera dos motivos de nulidade ou anulabilidad previstos nos artigos 47 e 48 da devandita lei, no prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia ou DOG ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Coruña correspondente, no prazo de dous meses, a contar desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio. Se presentado recurso de reposición non fóra resolto e notificado no prazo dun mes, deberá entenderse desestimado, podendo neste caso interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de seis meses, a contar desde o día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto. Todo iso sen prexuízo de calquera outro que se considere oportuno.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/29/2026_0000004243.html

Comments