Skip to main content

Praza de Xefe de Servizos e medioambiente no Concello de Cerceda

É obxecto da presente convocatoria a provisión do posto de traballo vacante e dotado economicamente nos orzamentos do Concello de Cerceda mediante o procedemento de concurso previsto nos artigos 78 e seguintes do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, nos artigos 86 e seguintes da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, da Xunta de Galicia, e demais normas concordantes de aplicación.

Para poder participar neste proceso de provisión de postos de traballo deberanse reunir os requisitos que aparecen nas bases detalladas que poden ser consultadas na ligazón inferior.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/07/07/2026_0000004464.html

Comments