Skip to main content

Cinco prazas de Auxiliares administrativos no Concello de Ferrol

É obxecto da presente convocatoria a cobertura en propiedade, polo sistema de oposición libre, de cinco prazas de persoal funcionario de carreira, auxiliar administrativo, escala de Administración Xeral, Subescala Auxiliar, Grupo de Clasificación C, subgrupo C2, correspondentes á oferta de emprego público do ano 2025

Para tomar parte neste proceso selectivo os/as aspirantes deberán reunir, ademais dos requisitos establecidos na base 6ª das bases xerais, os requisitos que poden consultarse nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio do extracto da convocatoria no BOE.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/07/07/2026_0000004441.html

Comments