Praza de Orientador de FP Básica no Concello de A Laracha
Constitúe o obxecto das presentes bases a selección do seguinte persoal docente do “OBRADOIRO DE EMPREGO A LARACHA X” 2026, mediante persoal funcionario interino por programa temporal conforme ao artigo 23.2 c) da Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia, e o artigo 10.1 c) do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
Os requisitos para participar poden ser consultados nas bases detalladas na ligazón inferior.
O prazo de presentación de solicitudes de participación será de CINCO (5) DÍAS HÁBILES, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no BOP.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/07/07/2026_0000004448.html




Comments