Skip to main content

O Concello da Pastoriza convoca unha praza de persoal de apoio para os centros de interpretación de Bretoña e Fonmiñá

O Concello da Pastoriza publicou a convocatoria para a selección de persoal de apoio a tempo parcial (media xornada) destinado ao Centro de Interpretación de Bretoña e ao Centro de Interpretación do Alto Miño, en Fonmiñá.

A contratación realizarase mediante o nomeamento dun funcionario ou funcionaria interina ao abeiro do convenio de colaboración asinado entre o Concello da Pastoriza e a Axencia Turismo de Galicia.

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

As bases reguladoras do proceso selectivo poden consultarse na páxina web e no taboleiro de anuncios do Concello da Pastoriza.

Comments