Skip to main content
viladomar

Viladomar 2026

🎉 Este sábado 11 de xullo chega o gran día de peche de #Viladomar26!

Como xa vos adiantamos hai uns días, este ano unímonos a @festivalrockinrian para celebrar o peche de Viladomar cun sábado cheo de arte, música e actividades para todos os públicos.

Aquí tedes a programación completa da xornada. Ao longo do día haberá actividades en distintos espazos de Rianxo, entre elas a Festa na Praia, que contará coa súa propia programación en Tanxil.

✨ O roteiro teatralizado, a masterclass de mural con vexetais e o paseo en barco requiren inscrición previa.

Agardámosvos o sábado para pechar xuntxs esta edición! 💙
 

Comments