Skip to main content

Praza de Auxiliar administrativo no Concello de Cee

É obxecto das presentes bases a realización dun proceso selectivo, mediante concurso-oposición libre, para a selección de Auxiliar Administrativo/a para o desenvolvemento das funcións e tarefas específicas da especialidade profesional correspondente, a praza está encadrada na Escala de Administración Xeral. Subescala: Auxiliar Notificador/a, clasificada no Grupo C, Subgrupo: C2, nivel 14. A xornada de traballo é a tempo completo. Procedendo deste xeito a cobertura definitiva desta praza vacante. Dita praza é obxecto da OEP do 2026, publicada no DOGA de 26 de maio de 2026 Nº 96.

Para tomar parte nas probas selectivas, as persoas aspirantes deberán reunir os requisitos que nas bases detalladas aparecen, referidos todos e cada un á data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes para tomar parte no proceso selectivo presentaranse, conforme ao modelo que figura no ANEXO I das presentes bases, no rexistro xeral do Concello de Cee en horario de 9:00 a 13:30 horas de luns a venres, ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de durante o prazo de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/07/08/2026_0000004479.html

Comments