Subvencións deeportivas para clubes, entidades e entidades deportivas no Concello de Ferrol
As presentes normas teñen por obxecto regular a liña de axudas a clubs e entidades deportivas, debidamente rexistradas no Concello de Ferrol, para o fomento e promoción, en xeral, da Educación Física e do Deporte.
Poderán ser beneficiarias as entidades deportivas sen ánimo de lucro constituídas, de acordo as súas disposicións específicas por persoas físicas ou xurídicas, con personalidade xurídica propia e capacidade de obrar, con sede social ou delegación no termo municipal de Ferrol e que teñan por obxecto o fomento e o impulso da práctica continuada dunha ou varias modalidades deportivas, así como a participación en actividades e competicións deportivas calquera que sexa o seu nivel.
O prazo de presentación das solicitudes será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/07/08/2026_0000004497.html




Comments