Skip to main content
accesibilidade

Subvencións para a mellora de accesibilidade 2027 no Concello de Arteixo

O obxecto destas subvencións é o de apoiar actuacións de rehabilitación en edificacións en materia de accesibilidade e eliminación de barreiras, nas edificacións de tipoloxía residencial do municipio de Arteixo, e que contemplen as actuacións de accesibilidade integral e conten coa preceptiva licenza municipal de obras ou comunicación previa.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo de solicitudes será de un mes desde a publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, a través da BNDS, segundo o apartado 10.2 das Bases reguladoras, abarcando actuacións iniciadas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2025.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/07/09/2026_0000004541.html

Comments