Skip to main content
bibliotecas

Certame Bibliotecas que Inspiran

A Consellería de Cultura publica as bases e abre a convocatoria do certame Bibliotecas que inspiran, de recoñecemento ás iniciativas bibliotecarias de Galicia (código de procedemento CT237A).

O certame Bibliotecas que inspiran pretende promover e difundir os proxectos e actuacións realizadas nas bibliotecas públicas ou axencias de lectura municipais de Galicia que constitúan unha boa práctica de xestión bibliotecaria, redunden nun mellor servizo á cidadanía, sirvan para promover e dinamizar a lectura e o acceso á cultura e teñan un impacto positivo na comunidade, co obxecto de que poidan servir de inspiración e exemplo a outros centros bibliotecarios.

Beneficiarias

1. Poderán optar a este premio as entidades locais de Galicia que cumpran as seguintes condicións:

a) Seren titulares de bibliotecas públicas ou axencias de lectura integradas na Rede de bibliotecas de Galicia.

b) Teren cuberta a estatística de bibliotecas do ano 2024, a través do formulario web habilitado para este efecto en www.rbgalicia.xunta.gal

Categorías e contía do premio

1. Establécense dúas categorías en función da poboación do concello. Nunha categoría participarán aquelas entidades locais que conten cunha poboación de ata 10.000 habitantes mentres que a outra categoría está formada por entidades locais de máis de 10.000 habitantes.

2. Cada unha das categorías estará dotada cun premio de 3.000,00 € e un diploma que recoñecerá a iniciativa premiada.

Prazo de presentación de solicitudes: del 10 de julio al 10 de agosto de 2026.

Máis información: DOG DE 09/07/2026

Comments