Skip to main content

Bolsa de emprego para Oficiais Administrativos no Concello de Lalín

Por Acordo da Xunta de Goberno de data 26/06/2026 aprobouse as bases reguladoras do proceso de selección para a creación dunha bolsa de emprego de Administrativos/as funcionarios/as interinos/as, Grupo C subgrupo C1, Escala Administración Xeral, Subescala Administrativa.

O anuncio da convocatoria das bases do proceso de selección será publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ó Señor Alcalde, presentada no Rexistro Xeral do Concello ou ben na sede electrónica deste Concello (https://lalin.sedeelectrónica.gal), na que se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na Base Oitava desta convocatoria, durante o prazo de DEZ (10) DÍAS HÁBILES contados desde o seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

As bases íntegras atópanse publicadas na sede electrónica do Concello de Lalín (https://lalin.sedeelectrónica.gal), no taboleiro de anuncios do Concello, e na web municipal (www.lalin.gal), onde se publicarán os sucesivos anuncios desta convocatoria.

Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/07/10/2026054559

Comments