Skip to main content

Praza de Técnico de Administración Xeral no Concello de Lalín

Por Acordo da Xunta de Goberno de data 26/06/2026 aprobouse as bases reguladoras o para a cobertura en propiedade dunha (1) praza de Técnico/a de Persoal , funcionario/a de carreira, subgrupo A2 en quenda libre mediante o sistema de oposición, incluída na Oferta Pública de Emprego (OPE) do ano 2026.

O anuncio da convocatoria das bases do proceso de selección será publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), no Diario Oficial de Galicia (DOGA) e por último no Boletín Oficial do Estado (BOE), tal e como se establece legalmente.

As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ó Señor Alcalde, presentada no Rexistro Xeral do Concello ou ben na sede electrónica deste Concello (https:// lalin.sedeelectrónica .gal), na que se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na Base Sétima desta convocatoria, durante o prazo de VINTE (20) DÍAS NATURAIS contados desde o seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

As bases íntegras atópanse publicadas na sede electrónica do Concello de Lalín (https://lalin.sedeelectrónica.gal), no taboleiro de anuncios do Concello, e na web municipal (www.lalin.gal), onde se publicarán os sucesivos anuncios desta convocatoria.

Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/07/10/2026054566

Comments