Convocatoria de Oposición no Corpo de Axudantes de carácter facultativo
Función Pública convoca o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo C1, escala técnica de análises de laboratorio.
O obxecto do proceso selectivo é a cobertura de quince (15) prazas do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo C1, escala técnica de análises de laboratorio,
Resérvanse tres (3) prazas para seren cubertas pola quenda de discapacidade.
Resérvanse catro (4) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.
Prazo de presentación de solicitudes: do 13 de xullo ao 7 de agosto de 2026.
Máis información: DOG DE 10/07/2026




Comments