Skip to main content

Praza de Oficial Xardineiro no Concello de Moaña

O obxecto destas bases é regular o proceso selectivo para a provisión da seguinte praza incluída na Oferta de Emprego Público do ano 2025 (en adiante OPE 2025), aprobada na sesión ordinaria da Xunta de goberno local do 30 de xuño de 2025 (BOP núm. 152, do 12 de agosto de 2025 e DOG núm. 170, do 4 de setembro de 2025).

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo para presentar as solicitudes de participación será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases no Boletín Oficial do Estado.

Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/07/10/2026054690

Comments