Skip to main content
voleibol

Subvencións a clubes deportivos no Concello de O Grove

O obxecto é regular as normas polas cales se rexerá a concesión en concorrencia competitiva de subvencións aos clubs deportivos do Concello do Grove para sufragar parte dos gastos que lles ocasione a promoción de actividades deportivas de interese municipal, fundamentalmente aquelas que apoien o deporte de base.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 30 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/07/13/2026054813

Comments