Skip to main content
Mercado local

Promoción e dinamización do comercio local no Concello de A Coruña

Extracto da Resolución de 8 de xullo de 2026 do Concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica (P.A. da concelleira de Empleo, Comercio e Mercados), pola que se acorda a suspensión do prazo de presentación de solicitudes da convocatoria de subvencións para a promoción e dinamización do comercio local e mercados de abastos en 2026.

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/916424).

Suspender o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria de subvencións para a promoción e dinamización do comercio local e dos mercados de abastos correspondente ao ano 2026, aprobada mediante Resolución do 18 de xuño de 2026 (RES/AYT/11428/2026), durante o tempo necesario para proceder á modificación dos termos das bases que rexen a convocatoria e dispoñer a publicación da resolución de suspensión nos mesmos medios nos que foi publicada a convocatoria, para os efectos de garantir o coñecemento da medida por parte das persoas e entidades interesadas.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/07/14/2026_0000004618.html

Comments