Skip to main content
actividad sociocultural

Subvencións para festas e actividades socio-culturais no Concello de Vigo

O obxecto das presentes bases é a regulación da concesión de subvencións do Servizo de Festas Especiais da Concellería da Área de Parques e Xardíns, Comercio e Festas Especiais do Concello de Vigo, dentro dos límites dos créditos aprobados nos orzamentos municipais, e a finalidade ou obxectivo que se pretende acadar é o desenvolvemento de programas de festas tradicionais, patronais, gastronómicas e actividades socioculturais durante o período comprendido entre o 1 de novembro do ano 2025 ata o 31 de outubro do ano 2026, na cidade de Vigo.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo de presentación das solicitudes será o establecido no anuncio que, como estrato desta convocatoria, se publique no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), que será comunicado dende a Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS) que opera como sistema nacional de publicidade de subvencións, nos termos do art. 30 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das AAPP.

Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/07/15/2026055629

Comments