Oito prazas de persoal laboral na Brigada conra incendios e salvamento no Concello de Melón
Por Resolución da Alcaldía n.º 2026 – 0232, de data 09/07/2026, foron aprobadas as bases e a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal e constitución dunha bolsa de emprego para os seguintes postos: tres Peóns/as de brigada, un Peón/a condutor/a, un Xefe/a de brigada e tres Condutores/as de vehículo motobomba
As persoas interesadas terán un prazo de 3 días hábiles contados a partir da publicación do presente anuncio para a presentación de instancias.
Os sucesivos anuncios, conforme co disposto nas bases reguladoras, serán publicados na sede electrónica do Concello de Melón [https://concellodemelon.sedelectronica.gal] e para maior difusión no taboleiro de anuncios do Concello de Melón.
Máis información aquí: https://bop.depourense.es/portal/anuncio/351870




Comments