OEP 2024 na Xerencia Municipal de Urbanismo
É obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedade de prazas de funcionarios/as de carreira vacantes no cadro de persoal da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, incluídas na oferta de emprego público 2024 (aprobada por acordo da Xunta de Goberno Local de data 13 de decembro de 2024 e publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 247 do 20.12.2024, ratificada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 17 do 27.1.2025 e no Diario Oficial de Galicia núm. 246 do 23.12.2024, ratificado no Diario Oficial de Galicia núm. 27 do 10.2.2025 (Expte. Núm. 16981/407).
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas nas bases detalladas na ligazón inferior.
As instancias de solicitudes dirixiranse ao Sr. Presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo e presentaranse no prazo de 20 días hábiles a partir do seguinte a aquel no que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. A instancia conterá, polo menos, os datos persoais do/da solicitante, co seu enderezo, número de teléfono fixo/móbil, enderezo de correo electrónico e a denominación da praza convocada á que opta.
Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/07/17/2026056571




Comments