Skip to main content

Lista de agarda para postos de Administrativo no Concello de Carballo

As presentes bases teñen por obxecto a regulación da convocatoria, con carácter urxente, e do proceso selectivo para a elaboración dunha listaxe para a cobertura temporal de prazas de Administrativo/a (Grupo C, Subgrupo C1), da escala de Administración Xeral, subescala Administrativa, como persoal funcionario interino, nos supostos regulados no artigo 10.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (en diante TREBEP) e no artigo 23.2 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do Emprego Público de Galicia (en diante LEPG).

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOP.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/07/22/2026_0000004813.html

Comments