Bolsa de emprego Asesor xurídico e Director psicólogo no Centro de Infomración á Muller no Concello de Soutomaior
Por acordo da Xunta de Goberno Local, de data 13 de xullo de 2026, aprobáronse as bases reguladoras e a convocatoria para a constitución dunha bolsa de emprego de asesor/a xurídico/a e director/a-psicólogo/a do Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Soutomaior.
As bases íntegras da convocatoria estarán dispoñibles na sede electrónica: https://soutomaior.sedelectronica.es/ e no taboleiro de anuncios do Concello de Soutomaior.
O prazo para a presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo publicaranse exclusivamente na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do Concello de Soutomaior, de conformidade co previsto nas bases.
Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/07/22/2026057391




Comments