Skip to main content
encontro veciñal

Subvencións a Actividades sociais e encontros veciñais e festas populares no Concello de Vigo

Esta convocatoria de subvencións, que se integra na liña 4.7 de Fomento de actividades sociais: actividades de interese público realizadas a través de agrupacións de persoas, asociacións, etc do Plan Estratéxico de Subvencións (PES) aprobado pola Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria do 08.03.2024, ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás Asociacións de Veciños e Sociedades Culturais, entidades culturais, festivas e de lecer, peñas recreativas, de promoción e defensa de valores, étnicas e relixiosas, sen ánimo de lucro, constituídas legalmente como tales e inscritas nos epígrafes correspondentes do Rexistro Municipal de Asociacións, para o desenvolvemento de actividades e programas de interese xeral. Están dirixidas a fomentar o asociacionismo e a participación cidadá, co fin de reforzar a capacidade de autoorganización das entidades asociativas e posibilitar o fortalecemento do tecido social e a promoción de calidade de vida e benestar social da cidadanía.

En canto ás subvencións para festas, o obxecto das presentes bases é a regulación da concesión de subvencións do Servizo de Festas Especiais da Área de Parques e Xardíns, Comercio e Festas Especiais do Concello de vigo, dentor dos límites dos créditos aprobados nos orzamentos municipais, para o desenvolvemento de programas de Festas Tradicionais, patronais, copatronais, gastronómicas, festivais folclóricos e desenvolvemento de actividades socioculturais durante o período 2025-2026 e que complementen e/ou suplan aquelas de competencia municipal.

As condicións para inscribirse nas subvencións poden ser consultadas nas correspondentes ligazóns ó final deste anuncio.

O prazo de presentación das solicitudes e da documentación complementaria correspondente, será de 10 días naturais, a contar dende o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, que será comunicado desde a Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS) que opera como sistema nacional de publicidade de subvencións nos termos do art. 30 da LPAC.

O proza de presentación das solicitudes na subvención de festas populares será o establecida na convocatoria, nun periodo de 15 días hábiles, a contar dendo o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOPPO, que será comunicado dende a Base de Datos Nacional de Subvenciósn (BDNS) que opera como sistema nacional de publicade de subvencións, nos termos do art. 30 da Lei 39/2015 do Procedemento común das AAPP.

Máis información segundo a subvención solicitada. Encontros sociais: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/07/24/2026058013 Festas: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/07/24/2026058127

Comments