Becas a deportistas individauais no Concello de Porto do Son
A presente subvención ten como obxecto a concesión de becas a deportistas Sonenses, que pertenzan ou non a entidades deportivas do Concello, e que destacaran na súa faceta competitiva durante o ano fixado na convocatoria, co obxectivo de apoiar e fomentar a práctica e o rendemento deportivo.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.
As solicitudes formalizaranse en modelo normalizado que se achegará como anexo I na convocatoria respectiva e presentaranse a través do Rexistro xeral do Concello de Porto do Son ou no Rexistro da Sede Electrónica por calquera dos medios previstos no Art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante un prazo de 10 días a contar dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/07/27/2026_0000004886.html




Comments