Actualización do eatado actual do proceso selectivo de Brigadas anti incendios no Concello de Baltar
Tras a aprobación por Resolución Municipal nº 2026-0133 a retirada do proceso de selección relativo á convocatoria de contratación laboral de 2 xefes/as de brigada, 2 peóns/peoas condutores/as e 6 peóns/peoas forestais, publícase para o coñecemento xeral para todas as persoas interesadas.
Contra esta resolución, que pon fin ao procedemento administrativo, podedes presentar alternativamente un recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía deste concello, no prazo dun mes desde o día seguinte á publicación deste anuncio, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; ou ben presentar un recurso contencioso-administrativo directamente, ante a Sección Contencioso-Administrativa do Tribunal de Primeira Instancia de Ourense, no prazo de dous meses, contando desde o día seguinte á publicación deste anuncio, de acordo co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se presenta o recurso de reposición potestativo non poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ata que se resolva expresamente ou se desestime por silencio. Todo isto sen prexuízo de que pode presentar calquera outra apelación que considere máis conveniente para o seu dereito.
Máis información aquí: https://bop.depourense.es/portal/anuncio/352050




Comments