Skip to main content
Apoio a proxectos Culturais Singulares para a Mellora Social

Apoio a proxectos Culturais Singulares para a Mellora Social

A Deputación da Coruña convoca o I Certame “Fondo de apoio a proxectos Culturais Singulares para a Mellora Social 2025”, co fin de apoiar especificamente os proxectos singulares de especial interese cultural, destinados á mellora social en diferentes ámbitos.

Enténdese por proxectos singulares aquelas iniciativas culturais que desenvolvan propostas en lingua galega de interese para campos de acción social como os seguintes: igualdade, dereitos civís, respecto á diversidade, respecto medioambiental, medre da estima colectiva e cohesión social, integración social, sensibilización patrimonial e identidade local, memoria democrática, etc.

Poderán presentar os seus proxectos as persoas físicas inscritas no réxime especial de traballadoras/es autónomas/os, as sociedades cooperativas con ánimo de lucro, e/ou empresas que teñan domicilio fiscal nalgún dos concellos do territorio galego.

prazo de solicitude estará aberto ata as 14:00 horas do día 21 de marzo de 2025.
Máis informaciónn no BOP da Coruña do 21 de febreiro de 2025

Comments