Subvencións para o programa Ponlle música no Concello de Boqueixón
Estas bases teñen por obxecto a regulación do réxime xurídico das subvencións ás entidades e grupos de música tradicional galego do Concello de Boqueixón co obxecto de contribuír á difusión e á promoción da música e o folclore local no termo municipal de Boqueixón durante o ano 2026.
As condicións para inscribirse poden consultarse nas bases detalladas na ligazón inferior.
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes a contar dende o día seguinte ao da publicación do presente extracto da convocatoria no BOP de A Coruña.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/07/30/2026_0000004958.html




Comments